Controis informativos en Poio no primeiro día de peche perimetral individual
Por Redacción
Primeira xornada das novas restricións pola covid-19 no municipio de Poio, pechado perimetralmente de maneira individual tras as medidas anunciadas pola Xunta polo empeoramento das cifras da pandemia.
Nestas primeiras horas levaron a cabo xa os primeiros controis por parte das forzas de seguridade, concretamente cun dispositivo despregado na Avenida de Andurique.
Tratouse durante o primeiro día dun labor informativo, aínda que a Policía Local advirte de que a partir desta fin de semana comezarase a sancionar a todas aquelas persoas que non respecten as medidas que constan no nivel máximo de alerta no que se atopa Poio.
Entre esas medidas atópase a imposibilidade de entrar ou saír no termo municipal sen causa debidamente xustificada, ademais do adianto do toque de queda ás 22.00 horas ou o peche de interiores na hostalería, que deberá pechar as súas terrazas e locais ás 18.00 horas.
A evolución da pandemia en Poio foi especialmente negativa nas últimas horas, con 106 casos activos de coronavirus tras un incremento de 22 casos con respecto á xornada anterior.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio sanciona a 25 persoas por saltar o peche perimetral durante a fin de semana
Por Redacción |
-
Poio estuda implementar medidas diante do incremento dos contaxios
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Primeiras sancións por saltarse o peche perimetral da Boa Vila
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |