Ponte Caldelas completa a mellora da contorna do centro de saúde
Por Redacción
Despois dun mes de obras, o Concello de Ponte Caldelas xa finalizou a mellora do entorno do centro de saúde.
A obra consistiu nunha remodelación integral desta zona de aparcamento que empregan centos de persoas e que dá servizo ó Centro de Saúde e ó edficio do Concello.
Na intervención aplicaron unha nova capa de rodadura a todo o ámbito de actuación e a reordenación dos aparcamentos e as circulacións cunha sinalización horizontal e vertical. Tamén realizaron unha limpeza mecánica do firme existente, fresaron parte do pavimento asfáltico, demoleron unha pequena superficie que tiña pavimento de formigón, puxeron a cota ás tapas de pozos e arquetas e aplicaron unha capa de cinco centímetros de aglomerado asfáltico D-12.
Finalmente, pintaron a sinalización horizontal con pintura reflexiva con microesferas de vidro, a instalación da correspondente sinalización vertical e os pivotes de delimitación.
Relacionadas:
-
O Sergas manterá o servizo de Atención Primaria en Ponte Caldelas tras a xubilación do médico titular
Por Redacción |
-
Lavado de cara para as rotondas do polígono industrial da Reigosa
Por Redacción |
-
Comeza a mellora do entorno do centro de saúde de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Adxudican as obras para a mellora do pavimento e organizar o tráfico na contorna do Centro de Saúde
Por Redacción |