Deputación e Concello de Meis asinan a mellora da estrada de Mosteiro a Barrantes
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Meis, humanizará o primeira tramo da estrada EP-9402, entre Mosteiro e Barrantes, que servirá para poñer solución ao problema de inundacións que presenta este tramo de cía. O investimento total ascende a 311.000 euros e o ente provincial acaba de sacar a concurso o seu parte do convenio iniciar uns traballos que servirán tamén para a integración urbanística do mercado de abastos.
Xunto á alcaldesa Marta Giráldez, visitaron a zona este xoves o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, e a deputada Vitoria Alonso. "Con estas obras resólvese un problema histórico, que a veciñanza levaba moitos anos sufrindo, e que foi case o primeiro que o Concello de Meis lle pediu á presidenta, Carmela Silva", explicou Agís.
As obras teñen un prazo de execución de catro meses. De feito o Concello xa ten en marcha as obras de canalización e están a piques de dar comezo os traballos de integración do mercado de abastos na praza de España. O primeiro tramo, duns 70 metros, servirá para transformar a contorna da praza nunha plataforma de preferencia peonil. No resto do segmento, de 250 metros de lonxitude, está previsto sumar un paso de peóns sobreelevada, nova sinalización e iluminación máis eficiente.