O PP pide ao Goberno provincial un golpe de temón para facer "útil" a Deputación
Por Redacción
"A Deputación de Pontevedra non estivo á altura das circunstancias no 2020", aseguran desde o grupo provincial do Partido Popular. Por iso, desde a oposición reclaman á presidenta Carmela Silva unha reunión con todos os alcaldes da provincia para "reorientar a estratexia que debe seguir a institución para facela útil para os dous anos complicados que hai por diante".
Xa no último pleno, os populares manifestaron a urxencia de escoitar as demandas e reclamacións do municipalismo para que a Deputación de Pontevedra "recupere a súa esencia". "Queremos que escoiten as nosas propostas, que nos teñan en conta”, subliña o partido da oposición.
O portavoz do PP, Jorge Cubela, sostén que, nun ano marcado pola pandemia e a crise sanitaria, económica e social; "a Deputación de Pontevedra estivo totalmente desaparecida. Non se tomou nin unha soa iniciativa para tentar responder ás necesidades e prioridades que foron xurdindo. Converteuse nun mero espectador cando ten capacidade e forma para ser o maior apoio”.
Despois de criticar os novos orzamentos por non recoller partidas específicas para superar as consecuencias da pandemia, no PP consideran "necesario e urxente" escoitar aos alcaldes para coñecer as súas preocupacións e "recuperar a aposta polo municipalismo da Deputación de Pontevedra”.
Relacionadas:
-
A Deputación reclama á Xunta un plan "inmediato" de rescate a hostaleiros e comerciantes
Por Redacción |
-
O Goberno provincial e o PP escenifican a súa división no pleno da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP volve pedir á Deputación unha liña de axudas para autónomos e pemes
Por Redacción |