O pontevedrés acusado de violar e agredir á súa esposa nega os feitos
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto para sentenza o xuízo contra un veciño desta capital acusado de maltratar de forma habitual á súa muller, coa que estivo casado corenta anos, ameazala e violala en varias ocasións, unha acusación que el negou hoxe diante do tribunal.
O acusado limitouse a recoñecer a existencia de berros e discusións no seo da parella, un comportamento que se agravou ao quedar ambos os sen traballo e porque "yo me metí un poco en la bebida", afirmou. Tamén explicou que "le daba golpes a la pared pero nunca le puse la mano encima", afirmou. Igualmente engadiu que "nunca la obligué a hacer nada. Nunca tuve relaciones sexuales con mi mujer forzadas".
A continuación declarou a muller a porta pechada e dispúxose un biombo para non ver ao seu suposto agresor.
A vista volveu ser pública coa declaración das testemuñas que eran parentes e ao mesmo tempo veciños da parella e que relataron que na vivenda do acusado sempre había golpes agresivos ás paredes ou ás portas e que lle escoitaban proferir insultos e menosprecios constantes á súa esposa.
Unha sobriña da muller afirmou ver nunha ocasión como o acusado empuxaba á súa tía "la agarró por el brazo fuertemente y la lanzó contra la pared" e unha curmá escoitou como el gritaba "te voy a reventar la cabeza a hostias, te voy a matar".
A filla do acusado asegurou que "siempre estaban discutiendo" e que o seu pai insultaba á súa nai e daba golpes "yo tenía miedo de él cuando se ponía así de agresivo".
A psicólogas forenses e a directora do Centro de Información á Muller de Pontevedra destacaron a "congruencia" e a "coherencia" do relato da muller.
Ao termo da vista oral a fiscal pediu 25 anos e oito meses de prisión para o acusado por vexar, agredir e violar ao seu excompañera sentimental da que se divorciou en 2019.
O avogado da defensa considera que o carácter agresivo do acusado "quedou patente e manifesto" e recoñece que "lo que pasaba en esa casa era un auténtico calvario" pero asegura que non quedou acreditada a acusación "en absoluto" con respecto ás violacións, chamando a atención sobre o feito de que non figuraban na denuncia inicial, ademais da "falta de definición" por parte da muller no relato desas agresións sexuais e que "no existe ninguna confirmación periférica de los hechos".
Ademais, nas cuestións previas, o letrado da defensa expuxo un suposto de infracción da imparcialidade xudicial ao entender que unha das maxistradas da Sección Cuarta está contaminada xa que interveu no presente proceso durante a Instrución, concretamente ditou a orde de afastamento. O tribunal asegurou que non existe esa perda de imparcialidade obxectiva.
Relacionadas:
-
O TSXG ratifica a condena de case 13 anos de cárcere a un pontevedrés que maltratou e violou a súa muller
Por Oskar Viéitez |
-
Case trece anos de cárcere para un pontevedrés que maltratou e violou a súa parella
Por Redacción |
-
Piden unha condena de 39 anos a un home por atar, golpear e agredir sexualmente á súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía pide 53 anos de cárcere para un pontevedrés por agresión sexual continuada aos seus tres sobriños durante unha década
Por Oskar Viéitez |
-
Un pontevedrés, a xuízo acusado de maltratar a súa parella durante 40 anos de matrimonio
Por Redacción |