O Ganapán volve esta fin de semana ao Mercado de Abastos para aprender a facer cocadas e paninis de queixo e mazá
Por Redacción
Esta fin de semana renóvase a actividade do espazo infantil 'O Ganapán' coa posta en marcha de novos talleres formativos no Mercado de Abastos de Pontevedra. Estas actividades destínanse a público infantil de entre 4 e 10 anos de idade.
A primeira xornada desenvolverase o sábado 16 e a segunda o domingo 17 con dúas sesións, ás 11.00 e ás 12.30 horas. Segundo explica Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, o sábado está prevista a realización dun Espazo Gastro no que se prepararán e degustarán cocadas a través dunha receita nutritiva e moi saborosa. Tamén se poñerá en marcha un Espazo Crea para que os escolares poidan crear, a través da súa imaxinación, avións con pinzas e paus de xeado.
Durante o domingo está prevista a elaboración dunha receita de panini orixinal utilizando queixo e mazá. Tamén se realizará un taller creativo baixo o título ' Sementar, sementarei' onde os participantes utilizarán caixas de ovos de cartón para convertelas en pequenos sementeiros.
As familias que queiran inscribir aos escolares para estas actividades deberán facelo a través do correo electrónico: oganapan@gmail.com
Relacionadas:
-
Regresan esta fin de semana os obradoiros do Ganapán no mercado de abastos
Por Redacción |
-
Suspendidas pola pandemia as actividades do programa de lecer infantil O Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Os máis pequenos reflexionan sobre como cambiar o mundo, no obradoiro do Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Os nenos do Ganapán fan arte coas mascarillas
Por Redacción |