Caldas inaugura o seu obradoiro de emprego dual centrado no Camiño Portugués
Por Redacción
A delegada territoiral da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, inaugurou este martes o taller de emprego dual "Os camiños do Camiño" en Caldas, que se centrará na mellora de diversos espazos do roteiro portugués ao seu paso pola vila termal coincidindo co Xacobeo 2021/2022
Na Fábrica da Luz de Cladas e acompañada polo alcalde Juan Manuel Rey, Piñeiro destacou "a forte aposta pola formación, a inserción e o traballo” que vai realizar a Consellería de Emprego ao longo deste ano na provincia de Pontevedra, nos que ten en marcha 22 obradoiros, oito deles para menores de 30 anos, cun investimento global que rolda os 7,5 millóns de euros.
No caso de Caldas, participarán 15 alumnos para formarse e mellorar a súa empregabilidade ao longo do próximos nove meses nun único modulo relacionado coas Actividades Auxiliares en Conservación e Aproveitamentos Forestais a través dunha achega do executivo autonómico de 260.000 euros.
Os alumnos recibirán ensinos en materia de prevención de riscos laborais, igualdade, alfabetización dixital ou sensibilización ambiental. Ademais, ao finalizar o curso, terán a posibilidade de optar a contratos en prácticas por espazo de tres meses en empresas da zona para completar a súa formación e entrar en contacto co mercado laboral.
Durante a súa participación no obradoiro, os traballadores percbirán a remuneración mensual que estipula o Salario Mínimo Interprofesional e dunha paga e media extraordinaria durante o próximos nove meses.
Pola súa parte, o alcalde Rey declarou que "hoxe é un día para estar moi contentos e agradecidos porque con este obradoiro avanzamos nos obxectivos establecidos no eido das políticas laborais e axudamos a que un grupo importante de persoas acceda a un contrato laboral e mellore a súa formación, pero tamén avanzamos no marco das políticas medioambientais e de posta en valor da nosa paisaxe e do noso patrimonio, cuestións que sempre son unha prioridade para nós”.
Relacionadas:
-
Caldas consegue unha nova entrega do obradoiro de emprego para o sector forestal e da cantería
Por Redacción |
-
Novos obradoiros de emprego na comarca do Salnés
Por Redacción |
-
O obradoiro de emprego de Caldas de Reis cumpre un trimestre con traballos moi avanzados en Segade
Por Redacción |
-
Comeza o segundo obradoiro dual de Vilanova de Arousa para formar persoas desempregadas
Por Redacción |
-
A Consellería de Emprego ten en marcha dez programas formativos na comarca do Salnés
Por Redacción |
-
Caldas activará un novo obradoiro de emprego para a recuperación paisaxística da área da Fábrica da Luz
Por Redacción |