Cinco falecementos por covid-19 en Galicia durante esta xornada, un deles en Montecelo
Por Redacción
Un home de 74 anos converteuse este 10 de xaneiro na vítima 87 por covid-19 desde que se notifican os falecementos pola pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O home perdía a vida no Hospital Montecelo durante as últimas horas e, segundo especifica o Servizo Galego de Saúde, contaba cun historial clínico no que figuraban outras enfermidades previas.
Únese a outros dous falecementos que se producían esta fin de semana no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha muller de 77 anos e un home de 69, que tamén se atopaban ingresados en Montecelo.
A Consellería de Sanidade notificou este domingo 10 de xaneiro cinco falecementos en Galicia debido á enfermidade do coronavirus. Ao home ingresado en Montecelo hai que sumar outros dous homes, de 61 e 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; outro home de 72 anos no Hospital de Ourense e un último paciente, con 80 anos no Hospital Comarcal da Mariña. Segundo a Consellería, todas as vítimas contaban con patoloxías previas nas súas historias clínicas.
Con estas nove mortes durante as últimas 24 horas, Galicia suma xa 1.450 falecementos por covid-19 desde que se contabilizan as mortes por parte da Consellería de Sanidade.
Relacionadas:
-
Un matrimonio, de 81 e 80 anos, falece o mesmo día vítima do covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
O número de mortes en Galicia por covid este luns é de 12 persoas, unha delas na súa vivenda en Pontevedra
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
Aumenta a presión asistencial na área sanitaria, con 55 pacientes hospitalizados e 68 novos positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra volve pasar dos 150 casos activos de covid-19 e Poio e Marín superan os 50
Por Redacción |
-
Medio centenar de novos positivos nun día na área sanitaria, que mantén 50 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
Dous novos falecidos por covid-19, dous pacientes de 69 e 77 anos ingresados en Montecelo
Por Natalia Puga |