Un xabaril provoca un accidente cun ferido en Noalla
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida despois de sufrir un accidente de circulación debido á aparición dun xabaril na calzada.
O suceso tivo lugar pasadas as 21.00 horas deste mércores 6 de xaneiro na vía de alta capacidade VG-4.1, concretamente no seu quilómetros 23 ao seu paso por Noalla, en Sanxenxo.
Segundo relata o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, foi un familiar da persoa accidentada a que alertou do sucedido. De acordo co seu relato, o turismo saíu da vía despois de chocar contra un xabaril e a persoa afectada necesitaba a axuda para saír do vehículo.
Debido a iso o 112 puxo os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros do Salnés e de Emerxencias Sanxenxo.
Unha vez no lugar os equipos de emerxencia confirmaron que a persoa puido abandonar o coche polos seus propios medios, sendo evacuado ao centro hospitalario de referencia.