Intoxicada unha muller por monóxido de carbono en Vilagarcía
Por Redacción
Este domingo en Vilagarcía rexistrouse un suceso relacionado coa acumulación de monóxido de carbono no interior dunha vivenda, que causou unha intoxicación a unha muller.
Ocorreu pouco antes das cinco desta tarde e foron os bombeiros e efectivos do servizo local de Protección Civil quen comprobaron as altas concentracións de monóxido de carbono dentro da casa.
De momento, descoñécese as causas das mala combustión, aínda que podería tratarse dunha estufa catalítica sen suficiente ventilación.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e con esa información os xestores alertaron aos Bombeiros de Vilagarcía e aos membros do servizo local de Protección Civil para facer as correspondentes medicións no interior do domicilio situado na Rúa Castillejos.
A muller foi trasladada ao Hospital do Salnés.