Dúas persoas aparecen sen vida no interior dunha vivenda en Guillán
Por Redacción
Dúas persoas, un home e unha muller, foron localizados sen vida dentro dunha casa en Carril, Vilagarcía.
Os axentes da Policía Nacional investigan as circunstancias do suceso, aínda que as primeiras indagacións apuntan a unha sobredose.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o falecemento descobreuse ás cinco desta tarde a través dunha chamada aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Desde o 112 Galicia, solicitiouse a intervención dos axentes da Policía Nacional para tratar de aclarar as circunstancias do suceso. As primeiras indagacións indican que o falecemento podería estar relacionado cunha sobredose de heroína.
Ademais, informouse aos psicólogos do Grupo Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose necesaria a atención especializada aos dous fillos da muller que foron os que atoparon os cadáveres.