A Reiboa de Poio rehabilitará o Galeón 'Luisa III' con 5.000 euros de axuda da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia a través do traballo que realiza o Club Mariño A Reiboa do municipio de Poio. Este martes, María Ortega, deputada de patrimonio explicaba que esta liña de axudas permiten recuperar bens de interese do patrimonio relacionados co mar e cos ríos de toda Pontevedra.
A asociación A Reiboa foi a única entidade do Concello de Poio que optou a estas axudas. Presentaba o proxecto para a reparación do galegón 'Luisa III' cun orzamento de 6.753 euros e unha petición de axuda económica de 5.402 euros. Foi concedida grazas a unha valoración que alcanzou os 90 puntos por parte do comité encargado de seleccionar os traballos subvencionables.
14 colectivos de toda a provincia repartíronse 101.230 euros para a reparación e posta en valor de embarcacións tradicionais. Sete dos colectivos pertencen á comarca do Salnés, dúas ao Morrazo e só A Reiboa pertence á comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Sete colectivos do Salnés reciben subvencións da Deputación para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial
Por Redacción |
-
Solicitan á Xunta que manteña as condicións do uso do pantalán de embarcacións tradicionais de Combarro
Por Redacción |
-
O centro de formación da Reiboa conclúe a súa reforma interior e exterior
Por Redacción |