Sobe a 11 o número de pacientes con Covid na UCI de Montecelo tras unha xornada con 44 contaxios detectados
Por Diego Espiño
O aumento de casos de Covid que está a experimentar a Área Sanitaria nas últimas xornadas empézase a notar tamén na presión hospitalaria.
Así no balance oficial ofrecido este martes 5 de xaneiro polo Servizo Galego de Saúde reflíctese que 11 persoas positivas en Covid evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, tres máis que a xornada anterior.
O número total de hospitalizados crece só nun afectado (48), ao atoparse 37 pacientes ingresados en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (31) e o Hospital do Salnés (6).
Segundo estes datos nas últimas 24 horas detectáronse 44 novos contaxios, o que unido ás 24 altas epidemiolóxicas dadas fai crecer os casos activos de conoronavirus na área pontevedresa ata os 751, unha vintena máis que o luns.
Desde o inicio da pandemia superaron a infección 6.336 pacientes da área sanitaria, contabilizándose 83 falecementos asociados ao virus.
En canto ás PCR, tras varios días con cifras baixas de test volvéronse a incrementar ata as 600 probas, que se engaden ás 116.987 efectuadas con anterioridade.
A nivel autonómico o número de casos activos en Galicia é de 5.991, tras rexistrarse un incremento de 86 con respecto ao luns.
Relacionadas:
-
Medio cento de contaxios por Covid nunha xornada na que baixan a 735 os casos activos
Por Diego Espiño |
-
Incremento nos contaxios, casos positivos e hospitalizacións por Covid en Pontevedra e O Salnés
Por Diego Espiño |
-
Datos Covid por municipios ao 3 de xaneiro: Pontevedra suma 6 casos activos máis e Vilanova pasa ao nivel laranxa de alerta
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria suma 23 novos contaxios de Covid pero con só 288 probas PCR realizadas
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés suma o seu cuarto día consecutivo con vítimas mortais por covid
Por Redacción |