A que hora e onde poderemos atopar aos Reis Magos en Pontevedra?
Por Oskar Viéitez
Os Reis Magos multiplicarán a súa maxia para percorrer toda Pontevedra este martes 5 de xaneiro. Por tratarse dun ano cunha situación especial, Melchor, Gaspar e Baltasar decidiron visitar todos os barrios da cidade e todas as parroquias do rural.
Por indicación expresa das Súas Maxestades, a tradicional comitiva que os acompaña transformarase en animación de rúa, que percorrerá distintas zonas da cidade nun horario diferente ao do percorrido real.
A Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, vén de concretar cos Reis Magos os horarios e itinerarios dos percorridos que os tres Magos de Oriente realizarán o martes por todos o recunchos do Concello.
Non haberá problema para saber que chegan porque o Concello proporcionaralles escolta poñendo á súa disposición efectivos da Policía Local que farán soar as sirenas dos seus vehículos para advertir a cativada que os Reis están pola zona.
Outras decisións que tomaron os Magos para respectar as medidas sanitarias son a de non realizar a tradicional recepción real no Pazo de Mugartegui, non realizar paradas no seu percorrido e non repartir caramelos ao seu paso.
Percorrido polas parroquias
- 9:45 Lérez: Casa da cultura, Cruceiro, Centro de Saúde, Castelo
- 10:15 Verducido: Igrexa e Pontillón
- 10:45 Santa María de Xeve: Gato Morto, Igrexa, Fontáns
- 11:15 Santo André de Xeve: Couso, Colexio, parque da Bouza (Filgueira), Santa Cruz e Fragoso
- 11:45 Alba: A Devesa, Cemiterio, Reiriz
- 12:15 Cerponzóns: Igrexa e A Meán
- 13:00 Campañó: Sabarís, Soutonovo, Moldes, Campañó de Arriba, Cabaleiro Centro Cultural, Barragáns,
- 16:00 Pontesampaio: O Vilar, Igrexa, Acevedo e a Xunqueira
- 16:30 A Canicouva
- 17:00 Tomeza: o Pobo, parque do Casal do Río, o Marco, Lusquiños, Igrexa
- 17:30 Marcón: Pazos, o Carrasco, Pintos, Albeiro
- 18:00 Mourente: Montecelo, Villaverde, Freixeiro, Igrexa, Casas Novas, Pazos Carabelos e Cons
- 18:30 Bora: Igrexa
- 19:00 Salcedo: Matalobos, Cabanas, igrexa
- 19:30 Lourizán: A Carballeira, Pontemuiños, Estribela
Percorrido polos barrios
- A partir das 9:30 horas percorrerán o barrio de Monte Porreiro
- A partires das 10 e ata as 14 horas percorrerán:
- Zona de San Roque: Alameda, Echegaray, Paseo de Colon, Martitegui, a Barca ....
- Zona de Campolongo: praza de Galicia, Augusto Garcia Sanchez, Leiras Pulpeiro, San Pedro Alcantara ...
- Zona da avenida de Vigo, Eduardo Pondal, Estación ...
- Zona de A Parda, rúa da Estrada, Xoan Carlos I, Avenida de Lugo, Loureiro Crespo....
- Zona de Barcelos, San Antoniño, Santa Clara...
- Zona Centro: Michelena, Benito Corbal ...
- Centro Histórico
- A partires das 16 e ata as 19:30 horas percorrerán:
- Zona do Burgo
- Monte Porreiro
- Zona Campolongo
- Zona Avenida de Vigo
- Zona Centro
- Centro Histórico
Música e animación de rúa
As actuacións de música e animación de rúa estarán repartidas por toda a cidade e terán lugar cada hora: ás 11, 12, 13, 16, 17, 18 e 19 horas, e correrán a cargo de 8 grupos distintos, que realizarán 5 actuacións consecutivas no mesmo ámbito. Os grupos que se ocuparán destas actuacións son Charanga OT, La Fiesta Escénica, Pablo Méndez, Artmonium, Charanga Mil9, Rivel, Barafunda e Troula Animación.