Moraña aposta por unha cabalgata de Reis segura e sortea vales de compra para o comercio local
Por Redacción
O Concello de Moraña ten programada unha Cabalgata de Reis segura polas parroquias e por Santa Lucía e sorteará vales de compra no comercio local.
A diferencia do ano pasado e coa implantación dos protocolos e medidas de protección da saúde, Moraña xa ten organizada a cabalgata. Se desenvolverá o vindeiro martes 5 de xaneiro cun percorrido por todas as parroquias pero con algúns cambios.
O pasarrúas estará formado por tres carrozas e contará cun reducido número de participantes a diferenza dos 150 dos anos anteriores. Tampouco celebrarán a recepción en Santa Lucía nin haberá degustación de chocolate con rosca.
O comezo será ás 17.00 horas dende o Campo de Lebón e pasará polo campo da festa da Alberguería (17.15), a igrexa de Saiáns (17.25), a igrexa de Rebón (17.45), Soar (18.10), Cosoirado (18.20), capela dos Milagres de Amil (18.35), Casa Giao de Sorrego (18.50), marquesiña de Paraños (19.00), Molina-Alende (19.10), parque da Bouza (19.15), carballeira de Santa Xusta (19.30), fonte de Trambosríos (19.45), marquesiña de Penagrande (19.55), Pumariño (20.05), carballeira do Souto (20.15) e chegada a Santa Lucía (20.30), onde percorrerá as rúas 1, 3, 7, 6, 1, 12, Doutor Batallán e 2.
Dende o Concello recomendan que, para favorecer a seguridade, cada veciño se achegue á parada máis próxima ao seu domicilio e non faga desprazamentos para evitar aglomeracións e lembran que é obrigatorio acudir con máscara e manter a distancia social.
SORTEO PARA COMPRAR NO COMERCIO LOCAL
O Concello tamén realizou o sorteo de vales de compra para o comercio local. En total repartiron doce vales de compra de 50 euros cada un que deben recollerse na Casa da Cultura ata o 9 de xaneiro, pasando o premio aos suplentes en caso de que algún galardoado non retire o seu.
Os gañadores son José Silva (por unha compra realizada en Casa Giao), Óscar Torres (Electrodomésticos Moraña), Juan (Café Vi Sports), Abel Barros, Miguel Becerra (Bar Congo), Ana Ferradás (Floristería Rosalía), Trini Costa (Casa Marcial), Loli (Perruquería Luz Domínguez), Mercedes Campos (Bar Sergio) e Pili (Supermercado Día), mentres que os dous beneficiarios polo certame das redes sociais son Irene Monteagudo e Rosa María García.
Contaron coa colaboración da Deputación, no marco da campaña Moraña Actívase de apoio á economía municipal.
Relacionadas:
-
Moraña terá un orzamento de 2,2 millóns en 2021, a quinta parte para políticas sociais
Por Redacción |
-
O programa "Moraña Actívase" abonará as 85 axudas a pemes este mes
Por Redacción |
-
Arranca o plan de dinamización 'Moraña Actívase' para impulsar a actividade do comercio e a hostalaría
Por Redacción |