Os Reis Magos e os seus paxes realizaranse as probas PCR antes da recepción real en Sanxenxo
Por Redacción
Os Reis Magos realizarán o vindeiro martes día 5 unha recepción real na Sala Nauta situada no porto deportivo coas máximas garantías sanitarias.
Tanto Melchor, Gaspar e Baltasar como os seus paxes e membros da organización someteranse a probas PCR horas antes da recepción aínda que se manterá en todo momento a distancia de seguridade. As medidas estenderanse tamén ás familias que acudan ao encontro coa toma de temperatura e xel hidroalcohólico antes da entrada á recepción e con itinerarios delimitados para evitar aglomeracións.
"Nun ano especialmente difícil para os nenos e nenas, dende o goberno non queremos deixar pasar unha data especialmente significativa para manter a ilusión e a maxia como é o día de Reis. Este ano, as circunstancias obrigan a facer algo distinto, pero seguro, que espero lles guste ás familias", sinala a concelleira de Cultura, Paz Lago.
Será a partir das cinco da tarde cando comece a recepción real que non concluirá ata que todos os nenos que acudan ao encontro poidan ver aos Reis Magos de Oriente. Os máis atrasados nas peticións poderán entregar as súas cartas aos paxes que acompañan o séquito real. Tras a recepción os Reis Magos enviarán a través das redes sociais do Concello unha mensaxe destinada aos nenos e nenas de Sanxenxo.
Co obxectivo de facilitar a chegada á recepción, o Concello habilitará dúas horas máis gratuítas no aparcadoiro Nauta a todas as familias empadroadas en Sanxenxo que se sumarán ás dúas horas que xa teñen habitualmente de gratuidade no estacionamento.