Un home de 75 anos ingresado en Montecelo, a vítima 78 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma 78 vítimas mortais da covid-19. Este mércores 30 de decembro o Servizo Galego de Saúde reportou o falecemento dun home que estaba ingresado no Hospital Montecelo e que se ven sumar aos 77 pacientes falecidos ata agora.
Segundo os datos oficiais facilitados, trátase dun home ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra que tiña patoloxías previas.
A anterior vítima mortal rexistrouse na área sanitaria o pasado 25 de decembro, cando faleceu unha muller de 91 anos que estaba ingresada no Hospital do Salnés.
Este mércores 30 a Consellería de Sanidade contabiliza o falecemento de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, todas elas con patoloxías previas. Catro delas son da provincia de Pontevedra, pois tamén faleceron no CHUVI de Vigo dúas mulleres de 93 e 94 anos, a máis nova procedente da residencia CRAPD-II de Vigo; e unha muller de 89 anos ingresada en Povisa, tamén en Vigo.
Ademais, faleceu unha muller de 76 anos no seu domicilio de Touro, na área sanitaria de Santiago, un home de 76 anos no CHUF de Ferrol e un home de 84 anos no CHUS de Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
Unha muller de 78 anos ingresada en Montecelo e un home de 80, primeiros falecidos de 2021 por Covid na área sanitaria
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés suma dúas novas mortes por covid e conclúe o ano con 80 vítimas da pandemia
Por Redacción |
-
52 pacientes covid recibirán o 2021 ingresados nos hospitais da área sanitaria
Por Anxo Lourido |
-
Os contaxios diarios ascenden a 53 nunha xornada con once pacientes de novo na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Falece unha muller de 91 anos, a vítima número 77 da covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |