Educación reformará o IES Torrente Ballester para mellorar a súa ventilación
Por Redacción
Algo máis de 250.000 euros vai a investir o goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, nunhas obras de reforma do IES Torrente Ballester, en Pontevedra.
O obxectivo destes traballos é acometer unha mellora enerxética e funcional do centro, pensada especialmente para ter mellor ventilación de acordo co protocolo covid.
As obras, que teñen un prazo de execución de dous meses, consistirán na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas.
Esta actuación forma parte do programa da Xunta para mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas.
Dentro deste plan hai programas obras por máis de 51 millóns de euros en toda Galicia.
Relacionadas:
-
O IES Torrente Ballester xa conta cunha nova rede de fontanería e medidas de eficiencia enerxética
Por Redacción |
-
O novo CEIP de Vilalonga abrirá para o curso 2021/2022
Por Redacción |
-
A Xunta aumenta o espazo educativo no colexio O Toural
Por Redacción |
-
O campus conta xa co seu propio embarcadeiro ao río Lérez
Por Oskar Viéitez |