Sanxenxo saca a licitación a parcela de O Revel na que se construirá un novo centro educativo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo saca a licitación o proxecto de urbanización de O Revel por 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de catro meses para a construción dun novo centro educativo. O obxectivo do goberno local é que estea operativo para o inicio do próximo curso escolar.
O financiamento correrá a cargo do Plan Concellos da Deputación (887.498,79 euros) e con fondos propios municipais (374.526,48 euros). A licitación chega despois dos traballos de soterramento das liñas de media tensión e da aprobación da adecuación das rasantes.
O proxecto de urbanización contempla catro viarios, con dous carrís de 3 metros, unha rotonda que axudará a achegar fluidez ao tráfico e a dotación de 84 prazas de estacionamento. As beirarrúas previstas terán unha anchura mínima de 2 metros e unha máxima de 4,5 metros. Trátase de vertebrar 73.164 metros cadrados que se distribúen en rede viaria (10.022 metros cadrados), parcela do novo colexio (14.333 metros cadrados), espazo da escola infantil (4.560 metros cadrados) e equipamento deportivo (19.566 metros cadrados).
A obra contempla a mellora do saneamento, abastecemento e subministración de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación público, así como as infraestruturas telefónicas e de telecomunicacións
O proxecto conta cun apartado propio para o tratamento dos espazos libres e para a protección de unpequeño curso de auga, a flora e fauna existente na contorna. Así se recolle a limpeza do leito, preservando especies como os salgueiros e amieiros, e a colocación de valos de madeira nalgúns tramos para delimitar de forma segura as zonas sensibles.
As melloras propostas no prego están valoradas en 121.926 euros e fan referencia ao embelecemento da contorna coa plantación de 111 árbores de distintas especies como arces, jacarandas, magnolios, acivros ou camelias, entre outras. Tamén se inclúe unha mellora da iluminación da zona verde con 16 novas luminarias e a plantación de céspede.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de O Tombo e O Revel teñen 90 estudantes admitidos e nove en lista de espera
Por Redacción |
-
A urbanización do Revel estará rematada en xullo
Por Redacción |
-
A urbanización do Revel comezará en febreiro e vai a facela a empresa COVSA
Por Redacción |
-
Cinco empresas presentan as súas ofertas para executar a urbanización do Revel
Por Redacción |
-
Sanxenxo constata o incremento de obra de nova vivenda cun aumento do número de licenzas
Por Redacción |
-
Educación licitará nas próximas semanas a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
Xunta e Concello asinan o convenio de posta a disposición dos terreos do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
O pleno aproba o convenio para a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |