Centos de persoas xa trocaron o seu premio por mercar na Zona Monumental
Por Redacción
A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental comunica que centos de clientes xa se pasaron polas súas oficinas na rúa Serra, número 1, a recoller o seu premio dentro da campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental'.
Así mesmo, animan a tanto aos visitantes como aos pontevedreses a que sigan realizando as súas compras do Nadal nos negocios locais e poder tamén beneficiarse dos premios, tanto directos como por sorteo, que compoñen esta campaña. Coas súas compras recibirán un boleto que pode estar premiado con 10 euros, un kit anti-covid ou unha bolsa reutilizable.
Os establecementos participantes son 59, entre comercios, negocios hostaleiros e de alimentación, localizados no Centro Histórico e a súa contorna.
A listaxe de establecementos participantes está dispoñible na web do CCU Zona Monumental ou tamén se poden situar a través do cartel identificativo da campaña que locen en lugares visibles para a clientela.
A campaña comezaba o pasado 15 de decembro e prolongarase ata o próximo 5 de xaneiro.
'Este Nadal merca na Zona Monumental' está a repartir os seguintes premios:
- 200 premios de 10 euros para gastar nos establecementos participantes na campaña e cuxos nomes pódense consultar na web: www.ccuzonamonumental.es. Estes 10 euros serán abonados polo CCU Zona Monumental. Non serán válidos para gastar no establecemento que selou o boleto.
- 500 kit anticovid formados por máscara, porta-máscara e xel. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación situada na rúa Serra, nº 1, baixo, de luns a venres de 11 a 14 horas.
- 500 bolsas reutilizables. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación.
No caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 10 vales compra de 20 euros cada un para volver gastar nos establecementos participantes, no sorteo que se efectuará o 8 de xaneiro ás 13 horas na sede da asociación.
Relacionadas:
-
Estes son os gañadores da campaña: "Este Nadal merca na zona monumental"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental' entra na súa recta final
Por Redacción |
-
'Este Nadal merca na Zona Monumental', a campaña para animar as compras no comercio local
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Os comercios da zona monumental terán decoración do Nadal feita por usuarios da Asociación Alba
Por Redacción |
-
Zona Monumental renova a súa directiva, na que Miguel Lago repite como presidente
Por Redacción |