Retoman a tramitación do polígono do Vao tras ano e medio parado por un informe
Por Redacción
Un informe desfavorable de Augas de Galicia paralizou durante ano e medio a tramitación da ampliación do polígono comercial do Vao. Agora, a promotora presentou un novo proxecto de equidistribución co que agardan resolver os atrancos pendentes.
A comisión municipal de Urbanismo xa analizou as modificacións introducidas no proxecto e as operacións xurídicas complementarias referidas ás cargas de urbanización das parcelas de resultado, gastos de urbanización e conta de liquidación.
Este proxecto de equidistribución establece a parcelación do terreo, que ten unha superficie total de 29.780 metros cadrados e polo que pasa un pequeno regato.
A actuación prevista pola promotora en relación a este regato no proxecto inicial recibiu un informe desfavorable de Augas de Galicia, o que supuxo a necesidade de adecuar o proxecto ás esixencias do organismo autonómico.
Neste sentido, o proxecto inicial prevía entubar o regato, mentres que a modificación contempla a realización dun muro, o que incrementa o orzamento de execución en preto de 300.000 euros.
Os técnicos municipais veñen de recibir e informar a documentación relativa á modificación do proxecto coa descrición das fichas das parcelas de resultado para facer constar as cargas en función do reparto ou porcentaxe de partición nos gastos de xestión e urbanización.
Ademais, analizaron a adaptación dos custos de urbanización ao novo orzamento de execución material do proxecto de urbanización, atendendo aos cambios introducidos logo dos informes de Augas de Galicia.
Relacionadas:
-
Novo atraso de seis meses nas obras de ampliación do polígono do Vao
Por Natalia Puga |
-
Leroy Merlin, Decathlon e Eroski estarán no novo polígono do Vao
Por Alejandro Espiño |
-
Prevén que a ampliación do polígono do Vao estea urbanizada no segundo semestre de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
A xustiza rexeita o recurso de Bricoking contra a ampliación do polígono do Vao
Por Alejandro Espiño |
-
O polígono comercial do Vao segue pendente da burocracia despois de 18 anos de trámites
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tres empresarios inician a tramitación para ampliar o polígono do Vao
Por Diego Espiño |