"Paula, te apoyo porque eres valiente"
Por Natalia Puga
"Soy de Madrid y estoy contigo y te defenderia para siempre. Mi madre era acosada por un hombre y casi se muere y he jurado proteger a cualquier mujer maltratada del mundo. Estoy en judo, lucha e 'hice un poco de taekwondo. Te deseo mucha suerte de corazón". A mensaxe recibiuna Paula Dapena, asinada por un alumno de segundo de primaria, e, ademais de emocionar á súa destinataria, é o mellor resumo do impacto a todos os niveis que tivo o xesto da moza pontevedresa que o 28 de novembro negouse a render homenaxe a Maradona.
O boom mediático que tivo o xesto feminista da moza ao negarse a gardar un minuto de silencio por Diego Armando Maradona levou a súa reivindicación moito máis alá de Pontevedra e Galicia e, desde moitos lugares do resto de España, están a chegarlle reivindicacións e apoio cando xa pasaron catro semanas da súa acción e o seu nome non forma parte da actualidade máis estrita.
O seu equipo de fútbol, o Viajes Interrías FF, converteuse tamén en protagonista do seu xesto. O club non só aumentou as vendas das camisetas co número de Paula, senón que tamén quixo renderlle a súa particular homenaxe cunha destas pezas asinadas por todo o equipo e día tras día está a ver como á súa sede chegan os apoios para a xogadora.
Días atrás recibiron ao seu nome un ramo de flores que precedía de Castela e León e esta semana chegáronlles numerosas cartas procedentes dun colexio da Comunidad de Madrid. No seu interior había debuxos e postais feitos a man por escolares de educación primaria que quixeron darlle a Paula todo o seu apoio.
Unha desas cartas é a do mozo cunha nai maltratada, quizais a máis emocionante de todas as recibidas. Pero hai moitos máis, debuxos da propia Paula xogando ao fútbol e cartas nas que lle trasladan "te apoyo porque eres valiente", "nosotros te apoyamos, no te preocupes", "toda la clase de segundo de primaria te apoyamos, viva Paula", "te mando mucho apoyo", "eres fantástica" ou "te queremos mucho".
Algunhas mesmo lle fan chegar mensaxes reivindicativas como o dunha nena que lle conta "a mí también me gusta mucho el fútbol. Siento mucho que haya gente que por manifestarte contra un maltratador vayan a por ti. Esoy contigo y te apoyo".
Outras dúas nenas trasládanlle: "Desde luego, nosotras también nos hubiéramos dado la vuelta en el minuto de silencio de Maradona, un maltratador. Debes estar muy orgullosa de lo que has hecho, te damos nuestro apoyo, esperamos que no te afecten los comentarios", en alusión aos insultos e ameazas que recibiu a moza pontevedresa ao coñecerse o seu xesto feminista.
Relacionadas:
-
Paula Dapena, premiada polo seu activismo feminista: "Homes autoidentificados mulleres están a quitarnos os lugares seguros"
Por Natalia Puga |
-
Paula Dapena comparte escenario con Ruth Beitia ou Leire Olaberria para defender a esencia do deporte feminino
Por Manu Otero |
-
Paula Dapena: "Volvería repetir ese xesto unha e outra vez"
Por Manu Otero |
-
Lores agradece o xesto de Paula Dapena "en nome de todos os pontevedreses"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Messi, sobre Paula Dapena e Maradona: "Cada uno es libre de opinar y hacer lo que quiera"
Por Alejandro Espiño |
-
Paula Dapena, "orgullosa" de ter "a oportunidade de dar voz a moitas" co seu xesto feminista sobre Maradona
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A futbolista Paula Dapena recibe o apoio das xogadoras do Viaxes InterRías
Por Cristina Saiz |
-
O interese polas camisetas do Viajes Interrías dispárase tras o xesto feminista de Paula Dapena
Por Diego Espiño |
-
A pontevedresa que se negou a gardar un minuto de silencio por Maradona
Por Natalia Puga |