Descende a 25 o número de novos casos de covid detectados por PCR nas últimas 24 horas
Por Redacción
Durante as últimas 24 horas, na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés realizábanse 881 probas PCR entre a poboación e rexistráronse 25 novos casos de covid, que confirman o progresivo descenso de novas infeccións nesta zona das Rías Baixas.
O número de casos activos sitúase en 911, once casos menos que na xornada do martes. 48 persoas, dúas menos que 24 horas antes, continúan ingresadas en hospitais da área. 42 pacientes covid atópanse en planta de hospitalización: 33 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; 2 no Hospital Quirón Saúde Miguel Domínguez e 7 no Hospital do Salnés; ademais de 6 pacientes con coronavirus na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Nos domicilios atópanse 863 persoas ás que se lles detectou a infección e que permanecen nas súas vivendas evolucionando. A cifra de falecementos na área segue sendo de 76 persoas desde o inicio da pandemia, ao non rexistrarse novos decesos nas últimas 48 horas.
GALICIA
En toda a comunidade autónoma, os datos deste mércores tamén mostran un descenso lixeiro de pacientes con infección activa. A Consellería de Sanidade notifica 5.565 casos durante este mércores previo á celebración da Noiteboa.
293 persoas atópanse hospitalizadas en planta, 48 pacientes permanecen nas Unidades de Coidados Críticos dos distintos centros hospitalarios de Galicia e o número de falecidos sitúase en 1.350 persoas.
Durante as últimas probas PCR realizadas detectáronse 299 novos casos positivos en Galicia.
Relacionadas:
-
Pontevedra chega a Noiteboa con 904 casos activos por covid-19 tras 60 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan ata os 179 os casos activos de coronavirus na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Medio cento de persoas enfermas por covid-19 permanecen ingresadas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
Sanidade levanta o peche en Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Meis e Ribadumia
Por Alejandro Espiño |