Algo que o imaxinario colectivo ten tan asumido como reunirse cos seus familiares nas datas do Nadal, trastornouse coa pandemia xerada pola covid-19. Quedamos enMentres isto dure cun caso que se resolve satisfactoriamente e si poderá pasar estas semanas en familia. María Liñares Armada é pontevedresa e desde setembro está a estudar cunha bolsa Erasmus na Universidade A Sapienza de Roma, Italia.
Antes de regresar para esta paréntese vacacional a España, tivo que realizar unha proba PCR, pagada por ela: "para conseguila foi unha lea; practicamente todos os Erasmus estabamos a chamar a clínicas privadas como tolos para facela. A diferenza de cando chegamos, que xa no aeroporto facíancha para entrar en Roma, agora para entrar en España pídencha e téñoa que custear eu. Aquí son algo máis baratas que en España, pero teño que pagala eu".
María evitará as restricións do Nadal establecidas en Italia, pero terá que axustarse ás de Galicia. "Limitarei contactos" di e cando chegue a Pontevedra; "antes de xuntarme con amigos - moi próximos -, verei aos meus pais, o meu irmán, aos meus avós e os meus cans"; e as reunións familiares non serán as que tradicionalmente celebra a familia Liñares Armada.
Na segunda semana de xaneiro voará de regreso a Roma conta en PontevedraViva Radio, á Universidade que pisou tan só "dúas veces" xa que a maioría das clases están a ofrecerse de forma virtual; a unha cidade eterna cuxos turísticos espazos ten o privilexio de coñecer, practicamente baleiros.