Baixan lixeiramente os casos de persoas enfermas por covid na área sanitaria para situarse en 917 pacientes
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ofrece un dato esperanzador ao rexistrarse 19 casos activos menos este luns nas cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade respecto ao domingo. Se hai 24 horas notificábanse 936 pacientes con coronavirus nesta zona, este luns a cifra rebáixase a 917 enfermos.
Durante as 468 probas PCR realizadas o domingo, ao redor de 300 menos das habituais nos últimos días, detectáronse 21 novos casos confirmados.
Ingresadas por esta enfermidade hai, nestes momentos, 49 persoas repartidas do seguinte modo: 34 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 no Hospital do Salnés, con 7 pacientes covid que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. 868 casos evolucionan nos seus domicilios.
Un home de 77 anos é a última vítima desta enfermidade, unha morte notificada na noite deste domingo pola Consellería de Sanidade e que eleva a 4 perdas por covid no Hospital Montecelo durante o últimos tres días. O número de mortos total na área de Pontevedra e O Salnés desde que se comezaron a contabilizar os falecementos por culpa da pandemia ascende a 76 persoas.
GALICIA
Nas últimas horas en Galicia detectáronse 269 novos casos confirmados por probas PCR, que sitúa o número de enfermos por coronavirus na comunidade en 5.596.
Permanecen 301 persoas hospitalizadas en planta e 53 pacientes na Unidade de Coidados Críticos. A cifra de falecidos sitúase en 1.341 mortos desde o inicio da pandemia.
Relacionadas:
-
Medio cento de persoas enfermas por covid-19 permanecen ingresadas na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
Sanidade levanta o peche en Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Meis e Ribadumia
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 77 anos, nova vítima por covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Descende o número de infeccións na Residencia Soremay
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Continúa a escalada de casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés: 936 positivos
Por Redacción |