Un home de 77 anos, nova vítima por covid-19 no Hospital Montecelo

Por Redacción
A Consellería de Sanidade notificaba este domingo 20 de decembro a morte de tres persoas diagnosticadas por coronavirus en Galicia durante as últimas horas.
Entre estas vítimas atópase un home de 77 anos, que perdía a vida no Hospital Montecelo. Con este novo falecemento xa ascende a 76 o número de decesos motivados pola covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde que se iniciaron os recontos de mortes por esta enfermidade. Segundo sinalan desde a Consellería, o paciente non viña derivado de residencia de maiores, pero si contaba cun historial clínico no que figuraban outras enfermidades previas.
Tamén falecía nesta xornada unha muller de 96 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e outra muller de 85 no Complexo Hospitalario de Ourense. Nos seus informes médicos tamén constaba a presenza de patoloxías previas.
Con estas tres mortes cuantificadas este domingo, en Galicia faleceron 1.341 persoas desde o inicio desta situación de continxencia sanitaria.
Relacionadas:
-
Sanidade levanta o peche en Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Meis e Ribadumia
Por Alejandro Espiño |
-
Baixan lixeiramente os casos de persoas enfermas por covid na área sanitaria para situarse en 917 pacientes
Por Redacción |
-
Descende o número de infeccións na Residencia Soremay
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Continúa a escalada de casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés: 936 positivos
Por Redacción |
-
As dúas persoas falecidas en Galicia por covid este sábado 19 rexístranse en Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha muller de 70 anos, vítima número 73 por covid na área sanitaria
Por Redacción |