Fundación Amigos de Galicia proporciona a cea de noiteboa e fin de ano ás familias vulnerables
Por Redacción
Na Fundación Amigos de Galicia queren que todas as familias de Galicia poidan gozar dun Nadal digno especialmente este ano que foi tan complicado e no que estas festas serán tan diferentes.
Por este motivo, Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Coren, proporcionará a cea de noiteboa e fin de ano ás familias vulnerables con menores a cargo que teñen dificultades para preparar os alimentos en casa e que a entidade atende en cidades como Pontevedra.
O resto das familias xa están a recibir paquetes con produtos especialmente pensados para estas celebracións.
Durante o mes de decembro están a realizarse reparticións especiais de alimentos con produtos do Nadal como turróns e doces ademais de produtos perecedoiros típicos que se repartiron a través dos supermercados entre as familias en situación de risco ou exclusión social atendidas en Galicia.
Tamén se está levando a cabo a campaña de Nadal "Comparte un xoguete, comparte ilusión" grazas á cal xa se están repartindo 2.589 agasallos entre os menores das familias usuarias.
Nos últimos meses incrementouse de forma notable o número de solicitudes de axuda urxente
Grazas ao Plan Integran de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social a entidade realiza durante todo o ano entregas mensuais destes produtos ás familias atendidas en toda Galicia. No que vai de ano realizáronse 21.346 atencións, dando prioridade aos colectivos de maior risco como as familias con menores a cargo, o 66% das cales son monoparentais; as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas e as persoas maiores. En 2019 a entidade realizou 37.456 atencións das cales 13.480 estiveron dirixidas a menores.
Desde a entidade son conscientes de que a situación de crise actual como consecuencia do COVID-19 está a agravar a situación de moitas familias galegas. Proba diso é que nos últimos meses incrementouse de forma notable o número de solicitudes de axuda urxente recibidas pola entidade.
Durante o pasado mes de novembro recibíronse 353 novas solicitudes de axuda que foron valorados polo departamento de traballo social da entidade e 212 novas familias comezaron a ser atendidas. No que vai de mes de decembro recibíronse 211 novas solicitudes e estase atendendo a 194 familias novas.
Relacionadas:
-
Amigos de Galicia lamenta a morte da patroa Alicia Otero "Chicha"
Por Redacción |
-
Entrega do Roscón de Reis e reloxos sustentables da Fundación Amigos de Galicia para familias en situación difícil
Por Redacción |
-
A Fundación Amigos de Galicia busca persoas voluntarias para empaquetar agasallos na campaña de Nadal
Por Redacción |
-
O Salnés envórcase con Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen agasallo de Nadal
Por Redacción |