Unha muller ferida un atropelo na Praza de Galicia
Por Redacción
Unha muller de 69 anos resultou ferida con carácter leve tras ser atropelada á altura dun paso de peóns na rúa Augusto García Sánchez, na Praza de Galicia.
O atropelo produciuse ao redor das 10.30 horas cando un turismo arroiou á muller. Segundo testemuñas presenciais, o vehículo circulaba a escasa velocidade e apenas causou danos persoais e materiais.
A muller, nacida en 1943, sufriu feridas de carácter leve e foi trasladada ao Hospital Montecelo para recibir asistencia sanitaria, segundo informou a Policía Local.