As dúas persoas falecidas en Galicia por covid este sábado 19 rexístranse en Pontevedra
Por Redacción
Nas últimas horas só se rexistraban dous falecementos en Galicia, os dous producíanse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo notificaba a Consellería de Sanidade.
Trátase dunha muller de 87 anos e dun home de 97 anos. Os dous perdían a vída no Hospital Montecelo e ambos contaban cun historial clínico no que figuraban outras enfermidades previas, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde.
Con estes dous novos falecementos, a cifra de persoas que perderon a vida na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a 75 pacientes desde o inicio da pandemia. A última morte rexistrouse este venres tamén en Montecelo, unha muller de 70 anos, que presentaba patoloxías previas.
En Galicia con estas novas mortes, o número de persoas que perderon a vida desde que comezaron a tomarse rexistros desta enfermidade é de 1.338 persoas.
ROSA QUINTANA, TAMÉN POSITIVO EN COVID-19
Nas últimas horas, tamén facía público o seu positivo en coronavirus a conselleira do Mar, Rosa Quintana sinalando que se atopa ben e asintomática. Segue os protocolos de Saúde Pública e os contactos foron avisados e supervisados.
Permanecerá confinada ata que se recupere totalmente. Indica tamén nun twitter que se manterá pendente do sector marítimo pero nesta ocasión a través de "vía telemática".
Relacionadas:
-
Un home de 77 anos, nova vítima por covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Continúa a escalada de casos activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés: 936 positivos
Por Redacción |
-
62 novos casos activos detectados nas PCR durante as últimas horas en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Área sanitaria de Pontevedra: "preparámonos para unha repunta entre 7 e 14 días despois de Nadal"
Por María José Pita |
-
Setenta e dous novos contaxios elevan a 897 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |