Identifican un veciño de Poio como autor dunha vertedura de entullos e electrodomésticos vellos no Monte da Tomba
Por Redacción
Un veciño de Poio foi identificado por axentes da Policía Local deste municipio como presunto autor dunha vertedura ilegal no Monte da Tomba, na parroquia de San Salvador.
Segundo indican desde a Policía Local, o suposto infractor abandonaba en pleno monte todo tipo de entullos de obra e electrodomésticos. Desta forma, enfróntase a unha sanción considerada grave e, por tanto, a multa pode establecerse entre os 3.001 euros aos 200.000 euros, segundo recolle a Lei aprobada en 2019 sobre patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
Desde o Concello de Poio lembran ás persoas residentes no municipio que, para evitar este tipo de actos ilegais, contan cun servizo gratuíto de recollida de material voluminoso a domicilio.
Este servizo pode solicitarse a través do teléfono 986.771.185. A prestación destes traballos a domicilio realízase de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
Relacionadas:
-
Detectan unha empresa que verteu residuos de cemento na ría seguindo o rastro polas arquetas de Raxó
Por Redacción |
-
Multan en Poio dous matrimonios de Barcelona e Madrid que viaxaban a Vilagarcía e Sanxenxo fóra de prazo e sen xustificación
Por Redacción |
-
Un octoxenario co carné caducado desde 2012 salta un stop e provoca un accidente en Poio
Por Redacción |