Setenta e dous novos contaxios elevan a 897 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Volve crecer a incidencia da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Tras varios días estabilizados ou cunha lixeira tendencia á baixa, os casos activos situáronse en 897. Son 32 máis que onte, segundo recolle o balance diario do Servizo Galego de Saúde. Nas últimas 24 horas, rexistráronse 72 novos contaxios.
Pontevedra é actualmente a terceira área sanitaria de Galicia por peores datos, polo menos no número de casos de activos, só superada por Vigo e Santiago.
Os hospitalizados tamén aumentan lixeiramente. Hai 55 pacientes ingresados nos tres centros de referencia para a covid-19 nesta área sanitaria, dous máis que este xoves.
A maior parte deles, un total de 38, están ingresados en planta do Hospital Montecelo. Seis están no Hospital do Salnés e dous no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Outras nove persoas, que son as que están máis graves, atópanse ingresadas na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 842 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 5.384 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 40 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 72 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 104.598, 816 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 44.951 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.641, 23 máis que o día anterior. Deles 861 son da área da Coruña, 401 da de Lugo, 480 da de Ourense, 897 da de Pontevedra, 1.302 da área de Vigo, 1.144 da de Santiago e 556 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 308 en unidades de hospitalización e 5.278 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 51.373 persoas curadas, rexistrándose 1.332 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.023.225 probas PCR e 436.919 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 367 infectados.
Relacionadas:
-
As dúas persoas falecidas en Galicia por covid este sábado 19 rexístranse en Pontevedra
Por Redacción |
-
62 novos casos activos detectados nas PCR durante as últimas horas en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha muller de 70 anos, vítima número 73 por covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Once positivos en covid-19 entre bachareis de Pontevedra, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo e O Grove
Por Redacción |
-
Mantense a presión asistencial con 44 pacientes de covid hospitalizados
Por Oskar Viéitez |
-
Alerta en Pontevedra tras detectarse unha repunta de casos "nos últimos dous ou tres días"
Por Alejandro Espiño |