Luisa Piñeiro supervisa as melloras en dous viais da parroquia de Samieira
Por Redacción
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou este xoves o municipio de Poio para supervisar dous proxectos realizados nos últimos meses e correspondentes ao plan marco de mellora de camiños municipais do goberno autonómico e con achega deste Concello.
As actuacións corresponden á parroquia de Samieira, concretamente ao lugar de Publicada, onde se realizou un investimento que supera os 43.000 euros; e á estrada de Covelo, tamén na parroquia de Samieira e en cuxa mellora se investiron preto de 35.000 euros.
Piñeiro indicou que estes proxectos confirman a "aposta da Xunta por este municipio e a necesaria colaboración entre administracións para sacar adiante os proxectos de interese xeral e de mellora da calidade de vida dos veciños".
Na visita estivo acompañada do alcalde, Luciano Sobral e do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.
Relacionadas:
-
Luisa Piñeiro visita a mostra 'Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas'
Por Redacción |
-
Poio impulsa unha campaña para potenciar o galego porque "o que se dá non se quita"
Por Redacción |
-
Seguen subindo os casos activos na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
28 familias en risco de exclusión social terán cea de Noiteboa grazas a unha carnicería de Samieira
Por Redacción |