Mantense a presión asistencial con 44 pacientes de covid hospitalizados
Por Oskar Viéitez
Este xoves 17 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés informa que hai 865 casos activos, son 4 persoas menos que onte mércores. Nas últimas 24 horas curáronse 65 enfermos de coronavirus e diagnosticáronse 61 novos contaxios.
A presión asistencial mantéñense en 44 pacientes de covid ingresados en planta de hospitalización.
Concretamente, 31 persoas están ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), 3 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 10 no Hospital do Salnés.
Aumentan os pacientes críticos en UCI, xa son 9 os infectados de covid na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 812 casos activos evolucionando nos seus domicilio ao presentar unha sintomatoloxía leve.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia do coronavirus curáronse 5.344 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 72 pacientes.
En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 893, que se engaden ás 103.782 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.618, deles 899 son da área da Coruña, 433 da de Lugo, 458 da de Ourense, 865 da de Pontevedra, 1.308 da área de Vigo, 1.100 da de Santiago, e 555 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 5.266 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.993 persoas curadas, rexistrándose 1.327 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.016.839.
Relacionadas:
-
Unha muller de 70 anos, vítima número 73 por covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Setenta e dous novos contaxios elevan a 897 os casos activos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Once positivos en covid-19 entre bachareis de Pontevedra, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo e O Grove
Por Redacción |