Doce vivendas de Figueirido compiten pola mellor iluminación de Nadal
Por Redacción
Ata unha ducia de veciños e veciñas de Figueirido compiten este ano polo título da vivenda mellor iluminada de Vilaboa. Son os participantes do concurso convocado pola asociación veciñal, en colaboración coa comunidade de montes e o Concello.
A pesar da intensa chuvia dos últimos días, os membros do xurado percorreron a parroquia para valorar a orixinalidade da composición lumínica, a coordinación das cores e o sentido da estética, entre outros baremos.
Os concursantes comprométense a manter o alumeado acendido ata finais das datas festivas.
Este concurso, que nesta terceira edición busca contribuír a crear ambiente na parroquia, conta con dous premios. O primeiro será unha gran cesta con produtos de Nadal e o segundo está integrado por un lote de artigos típicos destas festas.
O fallo do concurso vaise a coñecer este domingo 20 de decembro, nun acto que se celebrará na Casa de Cultura de Figueirido ás catro e media da tarde.
Esta iniciativa, segundo adiantou o Concello, vaise a estender o ano que vén ao resto das parroquias de Vilaboa.
Relacionadas:
-
Figueirido xa goza do Nadal cun castelo de luces
Por Redacción |
-
Decorar de Nadal a fachada da casa pode ter premio en Vilaboa
Por Redacción |
-
Os Reis Magos chegarán a Vilaboa nun tren turístico
Por Redacción |
-
Vilaboa convoca un concurso escolar de postais de Nadal
Por Redacción |
-
Concurso de alumeado de Nadal en Figueirido para crear ambiente de festa
Por Redacción |