Cinco terremotos fan tremer Vilaboa nunha marxe de catro horas
Por Alejandro Espiño
Ata cinco terremotos rexistráronse en Vilaboa nun espazo de tempo de apenas catro horas. Así o recollen as análises realizadas polo Instituto Xeográfico Nacional.
Os tremores, que se concentraron na zona do Toural, producíronse entre as sete e as once da mañá, segundo os datos achegados por este organismo.
O primeiro deles foi o máis intenso. Produciuse ás 07:22 horas e alcanzou os 2.7 graos na escala Ritcher. A pesar de ser catalogado como de intensidade II, o IGN asegura que o tremor "apenas foi sentido" e non produciu danos materiais.
Un minuto despois, ás 07:23 horas, rexistrouse unha réplica de intensidade similar, ata de 2.6 graos. A partir de aí, os sismos foron máis débiles.
Así, ás 07:28 horas situouse nos 1.8 graos, o das 08:05 alcanzou os 1.9 graos e o último, por agora, chegou aos 2.1 graos. Foi ás 11:02 horas da mañá.
Os terremotos, segundo os datos técnicos, iniciáronse a unha profundidade que oscila entre os 15 e os 26 quilómetros e ningún deles tivo o epicentro en zonas poboadas.
En función das coordenadas achegadas polo IGN, os tremores de maior intensidade concentráronse no ámbito das Salinas do Ulló, nas inmediacións da AP-9 ou no parque de Pedra Miranda.
Relacionadas:
-
RADIO.- 2021 será un ano excepcional en canto a sismicidade en España, xa superou os 18.000 terremotos
Por Marisa Ciordia |
-
Rexistrados dous pequenos terremotos en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Un movemento sísmico de 3,9 graos en Laza durante a noite fai tremer varios puntos das Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Fracha, epicentro dun sismo de magnitude 2
Por Oskar Viéitez |
-
Dous movementos sísmicos rexístranse con epicentro en Ponte Caldelas en menos de 24 horas
Por Anxo Lourido |
-
Un terremoto de magnitude 3.8 con epicentro no norte de Portugal nótase na provincia
Por Redacción |
-
Dous novos tremores elevan a dez os episodios sísmicos no Salnés
Por Redacción |