A Consellería de Traballo abre liñas de axudas para beneficiar os autonómos
Por Redacción
O director xeral de Traballo, Odilo Martiñá, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, presentaron os programas de axuda para beneficiar a máis de 1.100 autónomos da provincia.
Con esta iniciativa inténtase xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre mozos e mulleres. Os interesados en solicitar este financiamento deberán facelo antes do 30 de setembro.
A proposta concede axudas a fondo perdido aos desempregados no momento de constituírse como traballadores autónomos. Trátase de axudas que van dos 5.000 a 10.000 euros, no caso de mulleres desempregadas con minusvalidez ou con risco de exclusión social. Por outra parte, tamén se ofrecen axudas para reducir os intereses de préstamos necesarios para a constitución como autonómo.
Un segundo programa inclúe cinco tipos de axudas con subvencións de entre 4.000 a 6.000 euros á xeración de emprego estable de carácter indefinido para persoas desempregadas. Redución de intereses de préstamos para investimento en inmobles da empresa, para asistencia técnica na toma de decisións ou a realización externa de informes sobre a actividade. Ademais de subvencións para o inicio de actividade e para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
Durante o ano 2012 investíronse a través deste plan máis de 7,7 millóns de euros.