Os hostaleiros non pagarán polos veladores durante o tempo que estivesen pechados
Por Redacción
Durante o tempo que os establecementos de hostalería estivesen pechados, con motivo das restricións da covid-19, non terán que pagar a taxa municipal de veladores. Esta medida, que estará carácter retroactivo, era unha das peticións do sector ao Concello.
A exoneración de esta taxa foi un dos aspectos analizados na xuntanza que mantiveron este martes as concelleiras Anabel Gulías, Yoya Blanco e Eva Vilaverde con representantes da Plataforma de Afectados pola covid-19.
Neste encontro, entre outras cuestións, tamén se abordou a convocatoria das axudas do programa Supera21 que, segundo ambas partes, ampliarán os supostos subvencionables.
Así, atenderase tamén á renovación e arranxo de electrodomésticos, á renovación do mobiliario ou calefactores dos veladores, á compra de material para o servizo a domicilio, ao material de protección covid-19 ou aos gastos en ferramentas dixitais.
Ademais, tamén se acordou incrementar a contía do anticipo que ofrece o Concello cunha cifra aínda sen pechar (na actualidade é do 70%), que o Concello realice unha campaña de comunicación para que as persoas invistan nos produtos locais, ou incrementar a marxe de execución das axudas, como mínimo a seis meses.
A plataforma pediu ao goberno municipal ser interlocutores no futuro dentro dos temas relativos á xestión da pandemia e solicitaron que se incrementen, durante o tempo que sexa necesario e mentres persista a situación, as axudas do plan Supera.
Relacionadas:
-
Os hostaleiros de Pontevedra pagarán un 36% menos polas súas terrazas
Por Alejandro Espiño |
-
Velorio pola hostalería perdida pola pandemia na Peregrina
Por Manu Otero |
-
As axudas Supera21 suavizarán os seus requisitos e poderán optar empresas con máis traballadores
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e PSOE estudan "alternativas" á supresión de taxas para apoiar os hostaleiros
Por Alejandro Espiño |
-
Os 160 beneficiarios do Plan Supera20 recibirán unha axuda media de 3.000 euros
Por Alejandro Espiño |