Os vándalos estragan parte da decoración de Nadal en Marín
Por Redacción
Apenas un par de días permaneceu intacta a decoración de Nadal de Marín. Os vándalos non tiveron compaixón e atacaron os elementos que engalanan as rúas do municipio.
O máis grave, segundo o Concello, é que se arrancaron 23 plantas das distintas estacións.
Ademais, un dos corzos da Igrexa Vella apareceu cos seus cornos tronzados, que apareceron despois espallados por diferentes sitios próximos á súa localización inicial.
Por outra banda, atopáronse refugallos, latas e bolsas de plástico nas inmediacións do Palco da Música e de Fondo do Saco.
O goberno municipal condena estes actos vandálicos aínda que celebra que a inmensa maioría dos veciños manteñan un bo comportamento.
Relacionadas:
-
Rouban os 'pasa areas' da praia de Mogor
Por Redacción |
-
A caixa de correos da Praza España de Marín xa empeza a encherse coas tarxetas regalo
Por Redacción |
-
A iluminación do Nadal enche as rúas e prazas de Marín
Por Redacción |
-
O Nadal comeza a lucir en Marín as súas primeras pezas de decoración
Por Redacción |