Pontevedra financiará a compra de equipos informáticos para a educación a distancia
Por Alejandro Espiño
Ata 400.000 euros destinará o goberno municipal de Pontevedra a unha nova liña de axudas que foi creada para que as familias con menos recursos poidan adquirir dispositivos informáticos cos que teletraballar ou recibir educación telemática.
As axudas, que se concederán en réxime non competitivo e por orde de solicitude, serán dun máximo de 400 euros. Para cobralas haberá que achegar unha factura de compra.
Ademais, serán retroactivas. É dicir, sufragarase os equipos informáticos que se adquiriran desde o primeiro estado de alarma, o pasado mes de marzo.
Para poder solicitar esta subvención, os interesados terán que cumprir tres requisitos.
Terán que ser persoas empadroadas en Pontevedra, ter fillos en último ciclo de Primaria, Secundaria ou FP e non superar o límite de ingresos que fixen os servizos sociais.
A portavoz do executivo local, Anabel Gulías, explicou que esta medida vén determinada polos "cambios de hábitos e de realidades" que provocou a pandemia da covid-19, que fixo depender aos cidadáns aínda máis deste tipo de ferramentas.
Os 400.000 euros desta liña de axudas sairán dos excedentes do programa Supera20.
Relacionadas:
-
As axudas Supera21 suavizarán os seus requisitos e poderán optar empresas con máis traballadores
Por Alejandro Espiño |
-
O PP carga contra a "fallida" liña de axudas do Concello para autónomos e microempresas
Por Oskar Viéitez |
-
Os 160 beneficiarios do Plan Supera20 recibirán unha axuda media de 3.000 euros
Por Alejandro Espiño |