RADIO.- Máscaras 'con xanela' para eliminar as barreiras de comunicación
Por Marisa Ciordia
As máscaras +com son unha ferramenta que colectivos de diversidade sensorial viñan reclamando para evitar que a presenza da covid-19 sexa unha circunstancia máis que dificulte a súa comunicación. Foi a Federación de Asociacións de Implantados Cocleares, AICE, contanto con diversos profesionais e asociados, a que conseguiu materializala.
Charlamos en PontevedraViva Radio con Joan Zamora, presidente da Federación, para que explique como foi o proceso; que non estivo exento de dificultades xa que se trata das primeiras "máscaras con xanela" que ademais, cumpren cos requisitos para dispoñer dos certificados oficiais sanitarios existentes para a súa utilización.
Esta entidade puxo en marcha ademais a campaña 'Dez mil máscaras para dez mil sorrisos' que finalmente foron 26.000 máscaras, dada a demanda que se produciu coa difusión da iniciativa. Precisamente esta acaba de recibir en Pontevedra o premio Xuntos Avanzamos que ofrecía XOGA, a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia.
Como sinala Joan Zamora no podcast Mentres isto dure, "a única pretensión que temos é que se eliminen as barreiras de comunicación entre todas as persoas. Gustaríame ver en todos os lugares onde se atende ao público que levasen este tipo de máscaras, que sexa un produto universal e accesible".