A Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica este luns un total de 848 casos activos de covid-19
Por Oskar Viéitez
Este luns 14 de decembro a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica un total de 848 casos activos, son tres menos que onte domingo. Nas últimas 24 horas rexistráronse 52 positivos novos e déronse 55 altas a persoas curadas.
No Concello de Pontevedra hai 232 casos activos este luns, son 2 máis que este domingo.
Na Área sanitaria mantéñense 42 pacientes de covid ingresados en planta de hospitalización.
Son 33 persoas as que están ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 no Hospital do Salnés.
Continúan 8 pacientes covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 798 casos de coronavirus evolucionando nos seus domicilios ao presentar unha sintomatoloxía máis leve.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia do covid-19 curáronse 5.174 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 70 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 523, que se engaden ás 101.325 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.560, deles 955 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 452 da de Ourense, 848 da de Pontevedra, 1.304 da área de Vigo, 952 da de Santiago, e 563 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 310 en unidades de hospitalización e 5.195 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.960 persoas curadas, rexistrándose 1.312 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 991.202.