Feijóo anuncia que Galicia empezará a vacinar na "segunda semana de xaneiro" aos maiores en residencias
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, espera que na "segunda semana de xaneiro" empece a vacinación contra a Covid-19 en Galicia, unha campaña cuxas liñas mestras serán abordadas polo comité clínico mañá martes e que este xoves será aprobada na reunión do Consello.
Así o dixo este domingo o titular do Goberno galego nunha entrevista co xornalista Luís Ojea na Radio Galega.
Feijóo espera que o Ministerio de Sanidade concrete cantas doses recibirá Galicia e saber se serán suficientes para vacinar aos máis de 20.000 maiores que viven nas residencias para a terceira idade.
Iso supoñería, "como mínimo", unhas 45.000 vacinas xa que a de Pfizer aplícase en dúas dose. Polo que "non van ser suficientes" para para poder inmunizar a todos os maiores de 65 anos que viven en Galicia, ao redor do 25% da poboación.
"As primeiras doses non van ser suficientes para todos os maiores de 65 anos, por tanto, parécenos correcto comezar por aqueles que están nas residencias da terceira idade. Son unhas 22.000 persoas. As primeiras doses serán para eles", dixo o presidente da Xunta.
Nos próximos días abordarase a loxística para transportar a vacina de Pfizer, que necesitan unha temperatura moi baixa de conservación, e tamén se concretarán as persoas encargadas de fornecer a dose, eminentemente, o persoal de enfermería.
O presidente rexeitou a obrigatoriedade da vacinación, "nós, desde logo, non temos nin competencias nin vontade de que a vacina sexa obrigatoria", pero sinala que "é moito mellor inmunizarse a través dunha vacina que dunha infección de Covid, que hai bastantes posibilidades de que che deixe efectos secundarios ou unha morte".
"É moito mellor inmunizarse a través dunha vacina que dunha infección de Covid", dijo Feijóo
No tema das celebracións do Nadal, o presidente galego ha indicado que "penso que as cidades galegas teñen moitas posibilidades de abrir ata as 23 horas. Creo que a maioría poden quedar fóra da obriga de establecer límites municipais; é dicir, que se poidan romper os límites de salvagarda, pero non podemos asegurar que todas as cidades poidan estar nesta última situación".
Advertiu o presidente do goberno galego do risco alto dunha terceira onda da pandemia despois do Nadal. Así, lembrou que dependerá do grao de cumprimento das medidas de protección e insistiu en que "o obxectivo non é celebrar o Nadal, senón seguir ben despois de Nadal".