O cribado ao alumnado de bacharelato de Poio, Sanxenxo, O Grove e Cambados detecta catro positivos
Por Oskar Viéitez
A área Sanitaria de de Pontevedra-O Salnés informou este sábado do resultado das probas PCR efectuadas entre os pasados 9, 10 e 11 de decembro polo Servizo Galego de Saúde ao alumnado de primeiro e segundo de Bacharelato de Poio, Sanxenxo, O Grove e Cambados.
Foron detectados catro casos positivos, tras efectuarse un total de 725 PCR sobre unha poboación diana que alcanzaba os 813 alumnos e que voluntariamente se someteron a este cribado.
Concretamente participaron os bachareis do SEK de Poio; o IES de Vilalonga, en Sanxenxo; o IES Monte da Vila, do Grove e os institutos de Cambados Francisco Asorey e Ramón Cabanillas.