A caixa de correos da Praza España de Marín xa empeza a encherse coas tarxetas regalo
Por Redacción
Os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín presentaron este sábado a imaxe que levarán as tarxetas que forman parte da incentivación directa de consumo no comercio local.
"A finalidade non só axudar á economía local nesta época de maior consumo, como é o Nadal, senón tamén despois, xa que as tarxetas poderán gastarse tamén durante o mes de febreiro, que xa de por si é malo para o sector", en palabras de Sanmartín.
Desta forma, o buzón nos que depositar os tickets de compra no comercio local para poder entrar a participar no sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros posto en marcha polo Concello xa comeza a encherse. Estas tarxetas, tal e como se recolle nas bases do sorteo, que poden ser consultadas aquí, poderán ser utilizadas en calquer establecemento da vila, a excepción dos supermercados e das farmacias, considerados servizos esenciais que pudieron manter a súa actividade durante o confinamento.
A participación no sorteo, tal e como anunciou o Concello, é posible cando se fagan compras que se realicen nestas datas superiores a 30 euros. Poden ser en distintos tickets e en distintos establecementos e pódese participar tantas veces como se desexe. Os recibos deben ser depositados no buzón que visitaron os edís, que se atopa na Oficina de Turismo de Praza de España. Detrás de cada ticket ou agrupación de tickets será preciso indicar nome, apelidos e DNI da persoa participante.
O prazo para realizar compras será ata o 16 de xaneiro, este día incluido, e o 18 terá lugar o sorteo na Casa Consistorial ás 12.00 horas. Ao día seguinte publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, nas redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello. As 100 tarxetas regalo poderán ser utilizadas desde a súa entrega ata o 27 de febreiro de 2021 de xeito exclusivo nos comercios, locais e negocios de Marín. Ademais, as persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo. Esta recollida terá que levarse a cabo entre o 20 e o 21 de xaneiro, en horario de 10.00 a 20.00 horas e aportando o DNI para cotexar os datos.
Relacionadas:
-
Papá Noel e os Reis Magos atenderán os nenos en Marín con seguridade e sempre que non chova
Por Redacción |
-
Os vándalos estragan parte da decoración de Nadal en Marín
Por Redacción |
-
Marín en Rede presenta o vídeo da campaña '#EmbaixadoresDoNoso'
Por Redacción |
-
O Concello sorteará 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros para gastar nos comercios e locais de Marín
Por Redacción |