Aberta a participación veciñal para facer achegas ao novo regulamento do lixo

Por Redacción

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
A Concellaría de xestión de residuos, que dirixe Raimundo González, abriu o período de participación para facer achegas para elaborar o novo Regulamento do servizo público de xestión integral dos residuos sólidos urbanos e limpeza do espazo público do Concello de Pontevedra.
Con este período de participación, ábrese o proceso legal para a redacción e posta en marcha do novo contrato do lixo que o Concello de Pontevedra pretende poñer en marcha ao longo deste ano.
Este segundo proceso de consultas sobre o novo contrato, faise a través da páxina web municipal Pontevedra.gal Toda a veciñanza que o desexe pode presentar as súas achegas até o vindeiro 11 de xaneiro, cando se pecha o prazo legal.
Segundo recolle o propio expediente, o regulamento pretende definir as relacións entre os usuarios e a entidade que presta o servizo.
PRIMEIRO PERÍODO DE CONSULTAS
Como xa ten explicado o concelleiro responsable do servizo, Raimundo González a participación cidadá que agora se solicita para a elaboración do regulamento, é distinta á que estivo aberta durante todo este ano e que formou parte dunha rolda de reunións e encontros con asociacións de veciños, sindicatos, empresariais, ecoloxistas... para coñecer as expectativas que teñen os pontevedreses no futuro contrato do lixo.
Das máis de 400 achegas recibidas, máis do 11% solicitaban que se ampliase o sistema de compostaxe (tanto individual como colectivo); e seguindo esta liña, que se implantase o tratamento de biorresiduos (3,9%), ou que se primase a reciclaxe e a compostaxe (6,49%). A gran maioría das suxestións estaban dirixidas a mellorar e incrementar a compostaxe e a reciclaxe, o que amosa o "gran compromiso ambiental dos veciños", segundo o concelleiro.
Relacionadas:
-
Pontevedra rebaixou en case 1.500 toneladas o volume de residuos enviados a incinerar en Sogama durante 2020
Por Anxo Lourido |
-
Finalizou o período de participación veciñal para o deseño do tratamento dos residuos
Por Redacción |
-
O recibo do lixo en Pontevedra non subirá "custe o que custe" o novo contrato
Por Alejandro Espiño |