A nova web da Lama incorpora un portal inmobiliario e unha guía comercial
Por Redacción
O Concello da Lama acaba de facer pública a súa nova páxina web na que se incorporan os portais "A Lama preto de ti" e "A Lama, un lugar para vivir", dúas ferramentas dixitais para revitalizar a economía local ao mesmo tempo que se procura impulsar iniciativas a prol do turismo e loitar contra o despoboamento.
Esta nova web conta coa subvención da Deputación de Pontevedra a través da liña 1 do Plan Concellos.
A nova web implementa dous portais especialmente orientados a dar maior visibilidade aos establecementos comerciais e servizos profesionais existentes na zona ao tempo que se pon a disposición dos visitantes dun portal inmobiliario para que se coñeza, dun xeito totalmente gratuíto e para particulares, as distintas ofertas e posibilidades de adquirir unha vivenda no municipio.
Segundo o tenente de alcalde David Carrera, "queremos explicarlle á xente que na Lama temos prácticamente de todo sen necesidade de ir a ningún outro lado. Os comerciantes e profesionais da Lama, primeiros antes que nada", concluíu.