A iluminación do Nadal enche as rúas e prazas de Marín
Por Redacción
O Nadal chegou definitivamente a Marín. Ao longo da semana xa se puido ver algúns elementos, dende a tarde deste venres o acendido será total, onde o alumeado típico destas datas encherá de ledicia a vila.
A Avenida de Ourense, o Parque Eguren, distintas rúas do centro urbano ou de Seixo son algúns dos puntos nos que se pode ver a ornamentación deste Nadal tan diferente no que será preciso mudar as costumes para poder seguir loitando contra a pandemia.
Segundo informou o Concello de Marín, tamén instalaron un fío musical de Nadal que estará activo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, que axudará tamén a crear esa sensación de datas especiais.
No que respecta ás estacións de decoración, o Concello decidiu facer unha aposta importante por este tipo de ornamento para acompañar ás luces típicas do Nadal. En total, para crear estes espazos, utilizaron 120 metros cadrados de céspede e 10 toneladas de area, 20 pequenas árbores de Nadal, 100 prantas e 30 alpacas de palla, así como bonecos decorativos, que colocarán na torre do reloxo da Igrexa Vella, na Praza da Capirota, na Alameda, no Palco da Música e no Parque Eguren.
Relacionadas:
-
O alumeado de Nadal chegará a Marín o 3 de decembro
Por Redacción |
-
Papá Noel e os Reis Magos atenderán os nenos en Marín con seguridade e sempre que non chova
Por Redacción |
-
Os vándalos estragan parte da decoración de Nadal en Marín
Por Redacción |
-
O Concello de Marín convoca unha recollida solidaria de alimentos entre os centros educativos do municipio
Por Redacción |
-
O Nadal comeza a lucir en Marín as súas primeras pezas de decoración
Por Redacción |
-
O Nadal xa é visible nas rúas de Marín
Por Redacción |