O PP instará en pleno a que o Concello reclame ao Goberno máis dotación económica que a orzamentada
Por Redacción
O grupo municipal do PP levará ao próximo pleno da Corporación de Pontevedra unha moción coa que se pretende que o Concello inste o Goberno central a que incremente de "forma significativa" as dotacións económicas desta capital e de Galicia xa que resultan "francamente malos", en ambos os casos.
O portavoz do PP, Rafa Domínguez, sinalaba que "se rebaixa máis dun once por cento o investimento na nosa comunidade e a nosa cidade é ninguneada", engadindo que "son unhas contas que acentúan as desigualdades". Nese sentido lamentou que os Orzamentos Xerais do Estado "aumenten un 60 por cento en Cataluña, e que a nosa comunidade e cidade queden tan mal”.
Apelaba así ao voto favorable do Bloque Nacionalista Galego no pleno, ante "unha reivindicación xusta e adecuada para a nosa cidade” lembrando igualmente á formación nacionalista o seu voto en contra na Cámara Baixa.
O presidente local dos populares apuntou que queren conseguir o máximo consenso na moción e para iso están dispostos a dialogar cos grupos municipais "se o texto non é do seu gusto. Paréceme dunha responsabilidade absoluta e necesaria que desde o Concello déase unha mensaxe clara de rexeitamento a estes Orzamentos".
Relacionadas:
-
O PP buscará un enfrontamento entre BNG e PSOE no Pleno da Deputación por mor dos orzamentos do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
BNG e PSOE reclaman 24,5 millóns á Xunta e ao Estado para o Museo, o Gafos e a Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
O PP pide que o 10% do orzamento municipal se destine a gasto social "para non deixar a ninguén atrás"
Por Natalia Puga & Anxo Lourido |
-
Deputados pontevedreses do PP critican os PGE porque debería ser "menos ideolóxicos e máis útiles"
Por Redacción |
-
O PP carga contra a "fallida" liña de axudas do Concello para autónomos e microempresas
Por Oskar Viéitez |