A covid-19 non se contén na área sanitaria, que suma 36 novos positivos e un paciente máis en UCI

Por Natalia Puga

© Sergas

© Sergas
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non logra conter os contaxios por covid-19 e na última xornada sumou 36 novos positivos confirmados por probas PCR.
Segundo o balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde, este venres suma 839 casos activos, 17 menos que o xoves, dado que no mesmo período recibiron a alta médica 53 pacientes con coronavirus. Ademais, habería que sumar unha morte.
Do total de casos activos, 787 pacientes evolucionan no seu domicilio e 52 mantéñense nos hospitais, de modo que a presión asistencial non se relaxa. Este venres hai un paciente hospitalizado máis que o xoves, aínda que en realidade hai dous pacientes novos que requiren hospitalización pola súa gravidade, pois na última xornada faleceu unha muller de 89 anos que estaba ingresada en Montecelo.
En total, hai 10 pacientes na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un máis que o xoves, e mantense sen cambios a situación nas plantas dos distintos hospitais da área sanitaria.
En concreto, seguen sendo 42 os pacientes ingresados en planta de hospitalización, 33 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 6 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 5.001 pacientes (53 na última xornada) e faleceron 68 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 851, que elevan a un total de 98.762 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.
A nivel autonómico, segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas confirmáronse 324 novos positivos por probas PCR e o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.684. Deles, 1.093 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 383 da de Ourense, 839 da de Pontevedra, 1.401 da área de Vigo, 824 da de Santiago, e 573 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 309 en unidades de hospitalización e 5.324 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 48.748 persoas curadas, rexistrándose 1.293 falecementos. O número de PCR realizadas é de 967.614.
Relacionadas:
-
Un home de 60 anos, novena vítima mortal da covid nos últimos cinco días en Pontevedra
Por Redacción |
-
Clamor en Barro para que se eliminen as restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
Sanidade alivia restricións en Pontevedra, Marín e Poio
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos activos de Covid baixan a 856 tras unha xornada con 38 novos positivos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra aínda non cumpre as ratios para poder levantar as restricións sanitarias
Por Oskar Viéitez |