Sanxenxo confía en que Nanín sexa en 2022 unha praia con bandeira azul
Por Redacción
As dezasete praias que este verán ondearon a bandeira azul en Sanxenxo optarán a renovar este distintivo ambiental. Así o confirmou o goberno municipal despois de que a calidade das augas dese excelente en cada unha das analíticas realizadas.
Sanxenxo pedirá a bandeira, por tanto, para A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.
A esta listaxe o Concello quere sumar a praia de Nanín para 2022.
Para iso, debe conseguir durante os próximos dous anos, de forma continuada, a calidade excelente das súas augas. O goberno municipal espera poder logralo tras a mellora de saneamento realizada na contorna para evitar que verteduras puntuais alcancen o areal.
Ademais, Sanxenxo cursará tamén a certificación dos seis sendeiros azuis: Sendeiro Máxico da Lanzada, Major - Montalvo, Montalvo - Paxariñas, Canelas - Punta Cabicastro, Sanxenxo - Portonovo e Areas - Punta Festiñanzo, así como a bandeira azul do porto deportivo Juan Carlos I e o centro de interpretación de As Telleiras.
"Imos seguir apostando pola calidade e a seguridade nas nosas praias e potenciando os nosos sendeiros en 2021 ", sinalou Juan Deza, concelleiro de Medio Ambiente, que recoñece que isto supoñerá un "importante esforzo investidor" por parte do Concello.
Relacionadas:
-
58 praias de Pontevedra exhibirán este verán a bandeira azul, 17 delas en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo mellorará os accesos a Foxos e Major para preservar as dunas
Por Redacción |
-
Sae a licitación a rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Redacción |
-
A praia de Silgar deixa de estar cuadriculada
Por Redacción |